Rocio Loureda Rocio Loureda acadou a medalla de prata no Campionato de España na contrareloxo individual que se disputou so sábado día 24 entre Pola de Lena e Mieres, en Asturias. O percorrido constaba de 15 quilómetros no que Rocío soubo dosificar as súas forzas e ir de menos a mais para alcanzar ese segundo posto.

O Domingo disputouse o Campionatos de España de Fondo, no que Rocio volveu a estar presente no podio, neste caso para recibir a medalla de bronce, conseguida nun apretadísimo sprint que gañou a murciana Gloria Rodríguez.Así un ano mais a coruñesa daba mostras do seu bo facer o volvía a lucir as cores de Galicia no podio