|
As ciclistas coruñesas Rocio Loureda e Mª José Gómez, tiveron unha moi boa actuación na primeira proba da Copa de España disputada o domingo na localidade vizcaina de Derio. A carreira que constaba de 105 quilómetros foi gañada pola asturiana Lucía González, e as galegas remataron oitava e novena, respectivamente.
Na semana anterior xa disputaran outra proba puntuable para o Trofeo Euskaldun, donde Rocío rematou sexta e Mª José sétima.
A seguinte carreira puntuable para a Copa de España será o Memorial Rafael Fabra o 9 de maio.
|