|
O salón de actos da Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia acolleu esta mañá o acto de presentación da novena edición da Volta Ciclista a Galicia para as categorías de elite e sub-23 que se celebrará entre os días 13 e 16 do presente mes de maio.
A carreira principiará o vindeiro xoves, aproveitando a festividade local da ascensión, en Santiago de Compostela cunha etapa de 136 Kilómetros que sairá de Area Central as 14 horas e 55 minutos para continuar por Bertamiráns, Os Anxeles, Urdilde, Alto de O Codeso, Noia, Portosín, Porto do Son, Alto de Moldes, Riveira, Palmeira, Pobra do Caramiñal, Boiro, Padrón, A Escravitude, Picaraña, Os Anxeles, Bertamiráns e Santiago coa meta instalada na rúa Xoan Carlos I, onde se estima a chegada dos corredores entre as 18.30 e as 19.00 horas.
O venres terá lugar a segunda tirada, con saida de Area Central ás 14.55 para continuar por Sigueiro, Ordes, Cerceda, Mesón do Bento, Cambre, Guísamo, Alto de Campolongo, Pontedeume, Cabanas, Alto de Peón da Pedra, Fene, Ferrol, Alto de Bailadora, Balón, A Malata e chegada a avenida de Esteiro de Ferrol entre as 17.20 e as 17.50 horas, despois de percorrer 128 kilómetros.
O sábado,15 de maio, os ciclistas cubrirán a terceira etapa que sairá da Praza de España de Ferrol ás 14.00 horas e discurrirá por Narón, Valdoviño, Esteiro, Folgosas, San Sadurniño, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Betanzos, Bergondo, Perillo e chegada ós Cantóns de A Coruña, logo de 130 kilómetros, entre as 17.15 e as 17.45 horas.
A volta rematará o domingo, 16 de maio, coa disputa da cuarta etapa que principiará na coruñesa Praza de María Pita coa saida as 9.30 horas para continuar por Perillo, Guísamo, Betanzos, Alto de Curtis, Melide, Palas de Rei, Monterroso, Alto de Monterroso, Portomarín e chegada na rua Calvo Sotelo de Sarria logo de 140 kilómetros de percorrido.
No acto de presentación, o presidente da Federación Galega de Ciclismo, entidade organizadora da competición, Sabino Cortizo, aproveitou á ocasión para “agradecer á secretaría Xeral Para o Deporte da Xunta de Galicia a súa colaboración, co patrocinio do Gran Premio da proba, que resultou fundamental para que a carreira pódase celebrar malia situación económica na que nos atopamos que fixo que tiveramos que reducir os días de competición de cinco a catro e que a nómina de equipos participantes sexan quince polo que estarán 105 ciclistas competindo nas estradas galegas nesta Volta “.
Ademáis, Cortizo suliñou “ o apoio dos Concellos de Santiago, Ferrol, A Coruña e Sarria e tamén de Coca-Cola, Ternera Galega, Skoda, Caixanova e Supermercados Froiz que coa sua colaboración axudan a celebración da proba” e anunciou que os equipos participantes serán os galegos do Supermercados Froiz (Poio), C.C.Vigués-Chint-Autronic, C.C.Spol-Caixanova (O Porriño), C.C.Cambre-Caeiro, C.C.Cidade de Lugo-Muralla Patromonio e C.C.Padronés-Aluminios Cortizo, o Cidade de Oviedo, Construcciones Paulino (Asturias), Valencia-terra i Mar-Asfaltos Guerola, Andalucia-Cajasur, Extremadura-Spiuk, Camargo-Ferroatlántica (Cantabria) e os equipos estranxeiros do Lokomotiv de Moscova, Leclerq de Francia e Credito Agricola de Portugal.
Pola súa banda o secretario xeral para o deporte da Xunta de Galicia, Xosé Ramón Lete Lasa destacou “ a importancia desta competición como columna vertebradora do ciclismo galego e que sirve de trampolín para que os nosos ciclistas teñan a oportunidade de medirse nas nosas estradas cos millores corredores do resto de España e do estranxeiro” e tamén quixo “agradecer o apoio das empresas galegas que patrocinan os seis conxuntos da nosa terra que van participar na competición”.
Asimismo, tamén estiveron presentes na presentación os directores deportivos do Xacobeo Galicia Anxo Vidal e Xeús Blanco Villar xunto co ciclista vencedor da edición de 2009, o redondelán do Extremadura.-Spiuk, Enrique Salgueiro e os directores deportivos dos equipos galegos partcipantes na proba do Cidade de Lugo, Cambre-Caeiro e Spol- Caixanova.
RESUMEN IV-VOLTA A GALICIA.
TOTAL KILOMETROS……………….534
TOTAL PORTOS DE MONTAÑA….. 10
TOTAL METAS VOANTES……………8
EQUIPOS PARTICIPANTES………….15
CICLISTAS PARTICIPANTES……….105
TOTAL PREMIOS………………………10.565 Euros
ASI VEN A IX VOLTA A GALICIA OS PROTAGONISTAS DA PRESENTACION.
O director deportivo do equipo Xacobeo Galicia, Xesús Blanco Villar, analizou no acto de presentación da proba a primeira etapa, que comenza e rematará en Santiago destacando que “será moi disputada, sobre un terreo quebrapernas, típicamente gakego e cuns kilómetros finais, entre Bertamiráns e Santiago, que pican constantemente cara arriba polo que se presume unha chegada á meta de corredores escapados que se disputarán o primeiro maillot amarelo da competiciíon “.
Pola sua banda, Anxo Vidal, tamén director deportivo do Xacobeo Galicia e exciclista profesional suliñou que “a segunda etapa entre Santiago e Ferrol é ideal tamén para escapadas e ten un circuito final en Ferrol moi duro no que gañou no ano 1995 Miguel Indurain que seguro vai ser decisivo para a resolución final da xornada “.
O gañador da Volta 2009, o redondelán do Extremadura, Enrique Salgueiro, amosou a sua “magoa por non poder participar este ano por mor dunha lesión nun brazo e vaticinou chegada ó sprint na etapa con final na Coruña que me trae moi bos recordos xa que gañei alí na edición do pasado ano”.
Por último, Guillermo Sande, coordinador técnico da Federación Galega de Ciclismo, destacou que a cuarta etapa “será a máis dura, para mín e a xornada raíña cun treito final, de Palas de Rei a Sarria moi duro e no que os ciclistas aspirantes a gañar a carreira hánllle por as cousas moi dificiles o lider e o seu equipo na derradeira xornada da competición”.
|