|
A praza do Concello de Salceda de Caselas foi motivo da presentacion do Campeonato Galego de ciclismo en carretera pras categorias Senior ,Master e Veteranos que organizara o Club Ciclista Aragonta o vindeiro dia 30 de maio do 2010 as 10 horas con saida no Parque R.Aragontap
O acto asistiron, o SR.Alcalde do Concello de Salceda de Caselas D. Marcos Besada,a Concelleira de Deporte e Mocedade D.Teresa Perez,o Presidente da Federacion Galega de Ciclismo,D.Sabino Cortizo,Marcos Serrano exciclista profesional,Gustavo Dominguez ,ciclista profesional do Xacobeo Galicia,(ambos Apadriñan o C.C.Aragonta), Coordinador Tecnico da Federacion Galega de Ciclismo D.Guillermo Sande, Director Deportivo do C.C.ARAGONTA nas categorias Senior e Master D.Moises Leboso e o Presidente do Club Ciclista Aragonta,D.J.Roberto Ramirez Morais
O percorrido sera de 65 km pras categorias master 40,50,60,e pras categorias Senior e Master 30 seran 85 km, un percorrido bastante sinuoso,rompepernas e duro no que se encontraran con alguns repeitos que chegaran a alcanzar un 12% de dificultade,pero a vez moi bonito e na que toda a xente podra disfrutar vendo estos ciclistas competir por estos paixases
Ase mesmo o Presidente do C.C.Aragonta agradeceu a total colaboracion do Concello de Salceda de Caselas,da Federacion Galega de Ciclismo,asi como patrocinadores , colaboradores e casas comercias,por involucrarse con este club para a organizacion desta proba.
|