Rocío Loureda nova campiona de España sub-23 contrareloxo individualA galega Rocío Loureda métese no caixón máis alto do podio na contrareloxo individual celebrada hoxe en Casas Ibáñez (Albacete) con motivo dos campionatos nacionais de ciclismo, pese a non contar entre as favoritas na categoría sub-23 xa que é o primeiro ano na categoría, Rocío demostra que unha vez rematado o curso está en plena forma e proclámase campiona de España contrareloxo.
 
A galega parou o crono en 29:48, a prata foi para Leticia Galán (Castilla y León) a 19 seg. e bronce para a favorita, a vasca Dorleta Zorrilla a 42 seg.
 
Pola súa banda Aser Estevez, acadaba un meritorio quinto posto.
 
 
O conquense Jesús Herrada demostrou as grandes condicións que ten como contrarreloxista, ao adxudicarse o título sub-23 esta tarde, nos campionatos de España de contrareloxo, a una media de 46,756. Marcando un tempo de 32-34 superaba en 27 segundos ao valenciano Andrés Vigil, e en 31 ao balear Albert Torres, unha das grandes promesas do ciclismo español, tanto en estrada como en pista.
 
No punto intermedio, Aser marcaba o segundo mellor crono por detrás de Herrada que dominaba a proba, nese punto intermedio, Herrada, con 19-19, e Aser Estévez, con 19-46 e Merino, con 19-50, , eran os mellores tempos.
 
Herrada xa foi campión de España contrarreloxio na categoría junior en 2007 e 2008, quinto o ano pasado en Santoña no seu debut na categoría e campión en este 2010.