|
O próximo sábado día 10, disputarase o XI TROFEO LAS CEPAS na localidade burgalesa de Aranda del Duero, esta proba está dentro da Copa de España en categoría feminina e será aproveitada para por en forma as rapazas de cara aos vindeiros campionatos nacionais.
A cita acudirán dúas corredoras cadetes e dúas junior, as escollidas na categoría cadete son Lorena Sanín e Tania Villasuso, ambas do C.C. Compostelano – Muelbles Compostela e as Junior Sara Forján do C.C. Compostelano – Muebles Compostela e Alicia Fernández, do C.C. Ponteareas - Expert.
A proba consistirá en cubrir un circuíto de 40 Km ao que as corredoras cadetes darán unha soa volta e as junior 2 cubrindo 80K. As ciclistas partirán as 16:00 de Aranda del Duero para tomar dirección cara a La Aguilera, logo hacia Quintana del Pidio para coroar o Alto Baralto, logo tirarán para Villanueva de Gumiel, chegando a meta en Aranda del Duero.
|