 O Centro de BTT da Pobra do Brollón "Sendas Verdes da Pobra" é creado para a práctica lúdica do BTT, dando a coñecer o entorno que o Concello da Pobra alberga, con áreas de interese paisaxístico e ambiental nun lugar tan característica como é a serra do Courel.
O Centro conta todos os servizos necesarios para facer mais cómoda a estancia na Pobra do Brollón, lavado de bicis, duchas, aparcamento... catro rutas totalmente sinalizadas de diferentes niveis físicos e técnicos adaptados os diferentes usuarios da bici de Montaña.
Ruta da Pobra do Brollón (pdf)
A ruta BTT da Pobra do Brollón, é a porta de iniciación máis suave os percorridos de bicicleta de montaña no Concello da Pobra do Brollón.
 O percorrido discorre por unha magnífica paisaxe, de lene topografía e profusa vexetación, rodeada de pequenas poboacións adicadas á agricultura e á gandería, con mostras de arquitectura tradicional e acondicionadas ó frío clima do inverno e ó cálido sol do verán.
No circuíto pódese gozar das vistas dos cumios da Serra da Trapa e tamén do verde val que constitúen as Terras de Lemos. Logo de discorrer xunto as augas do río Cabe en Alende, o camiño retorna ata as beiras do río Saa, na Pobra do Brollón, entre o lixeiro murmurio das súas augas e os sons da tranquila vila.
| Información da ruta |
| Distancia: |
10,9 Km |
| Altitude máxima: |
471 m |
| Altitude Mínima: |
356 m |
| Dificultade |
Moi fácil - fácil |
Perfil
A ruta BTT de Ferreirúa goza das fermosas paisaxes visibles dende a Serra da Trapa e dos agochados cursos fluviais das súas ladeiras.
 No percorrido ascendente, o camiño vai envolto polos rumorosos piñeiros e polos altos e suaves cumios que ofrecen magníficas vistas do Courel e de Cabeza de Manzaneda.
No descenso, as esquecidas corredoiras da industria do ferro dan fe da historia e dos antigos traballos que hoxe só perduran nos topónimos destas terras. As galerías das explotacións de ferro abrazan na Veneira de Roques ó ciclista, pero só para abrirlle un paso a un val de oculta fermosura como o do rego da Veneira e o río de Forgas.
As abas enchidas de plantacións forestais acompañan ó deportista ata o regreso á área recreativa de Ferreirúa, sobre as augas do Picarrexo, e lévano, nun fácil descenso, novamente ata Marcón.
| Información da ruta |
| Distancia: |
21,9 Km |
| Altitude máxima: |
1133 m |
| Altitude Mínima: |
496 m |
| Dificultade |
Media - Difícil |
Perfil
A ruta BTT de Salcedo é a máis dura dos percorridos de bicicleta de montaña sinalizados no Concello.
 O percorrido comeza suavemente gozando da panorámica sobre o val da Pobra do Brollón para internarse na Serra da Trapa ata acadar a Pena dos Catro Cabaleiros, un dos miradoiros máis coñecidos do sur deLugo. Neste curioso lugar, únense os municipios de Folgoso do Courel, Samos, O Incio e A Pobra do Brollón.
O percorrido serpea as abas do monte mentres cruza aspequenas poboacións de Penadexo, Pradelas e O Busto, lugar onde supera xa os mil metrosde altitude. Gabea os camiños ata o Alto do Castro (1.307m) e comeza, xunto á Pena dos Catro Cabaleiros, un vertixinoso descenso ata a aldea de Couso. Finalmente enlaza o retorno que trae ós ciclistas ata o lugar deinicio e fin.
| Información da ruta |
| Distancia: |
32,3 Km |
| Altitude máxima: |
1307 m |
| Altitude Mínima: |
586 m |
| Dificultade |
Moi Difícil |
Perfil
Ruta da Serra da Auga Levada (pdf)
Partindo de San Xoán de Abrence, esta ruta BTT de Auga Levada percorre unha serra cuberta de piñeiros e regada polas augas de ríos emblemáticos ós sPartindo de San Xoán de Abrence, esta ruta BTT de Auga Levada percorre unha serra cuberta de piñeiros e regada polas augas de ríos emblemáticos ós seus pés.eus pés.
Dende as alturas de Auga Levada, no inverno, pódese gozar das vistas sobre os nevados cumios de Manzaneda. Pero algo sempre impresionante son as paisaxes que, coma balcóns, mostran os miradoiros naturais sobre os ben afamados ríos Sil e Lor. Xunto a este último, abraia a ponte medieval e os agachados camiños ás beiras do río en Barxa de Lor.
O ciclista ascenderá pola esquerda do regueiro de Barxa, nun fermoso percorrido entre vexetación atlántica e mediterránea que, unha vez pasado o rego do Pito, continuará suavemente ata Abrence.
| Información da ruta |
| Distancia: |
26,4 Km |
| Altitude máxima: |
773 m |
| Altitude Mínima: |
271 m |
| Dificultade |
Difícil |
Perfil
Datos de Interese
Concello da Pobra do Brollón: Telf. 982 430 001
Emerxencias: Telf. 112 SOS-Galicia
Lembrámoslle que por motivos de seguridade é recomendable realizar estas rutas durante o período estival.
Puntos de interese
Sinais
|