O Monte San Lois celebrou o domingo a terceira proba de descenso puntuable para o Open de Galicia (Xira Caixanova).

1 Descenso Lois-Noia

 

A pesar da calor e dun circuito moi seco e cheo de po, foron 100 "bikers" os que se achegaron a vila de Noia para participar nunha proba organizada polo clube Santiago DH.

 

Os campeóns do día foron na categoría senior, Daniel Filgueira do Santiago DH, master 40, Manuel Gómez do Bici Verde, master 30, Marcos Balbuena do Val do Ullo, cadete, Javi Fontán do Moto Bike, junior, Francisco Vilaboa do RP3, féminas, Rosi Martinez do Coruxo F.C. e élite-sub 23, Dani Alvarez do Bici O Con.
 
A falta dunha proba os líderes actuais nas diferentes categorías son senior Diego Rodríguez, master 40 Manuel Gómez, master 30 Diego Vilas, cadetes Carlos Nuñez, junior Alejandro Caamaño, féminas Rosi Martinez, e elite-sub 23 José Montenegro.A última proba que decidira os líderes do Open 2009 de descenso será o 20 de setembro na capital galega, co mesmo clube organizador, Santiago DH. Antes diso disputaranse as probas da Copa Diputación de Pontevedra o 26 de xullo en Ponteareas, o 30 de agosto en Vigo e o 6 de setembro en Tomiño.

Texto e foto: Bego Carpinteiro