O circuito "Burn" de Manzaneda Bike Park proclamou campións de Galicia a Jorge Aguín, Antonio Peréz, Rosa Martínez, Alejandro Caamaño, Manuel Gómez, Rubén Barreiro, Anxo Fernández e Nicolás Larrán. Foron más de cen "bikers" os que se achegaron a Estación de Montaña de Manzaneda para participar neste campionato no que o élite Jorge Aguín (LTM Racing), marcaba o mellor tempo da xornada, 1'58.53, o cal ninguén foi capaz de superar sen baixar dos dous minutos.
 
No podium da categoría élite acompañaron a Jorge Aguín, Ruben Castro (Lanzalía Bike) subcampión de Galicia cun tempo de 2'07.75 e Rubén Villanueva (LTM Racing) marcando 2'08.17.
 
En master 30, proclamouse campión de Galicia, Antonio Pérez (Bici Verde) cun tempo de 2'07.93, subcampión de Galicia, Marcos Valbuena (XMS Devinci), o cal non puido recoller a súa medalla trala caída sufrida na segunda manga que impediu que puidera chegar a meta. Terceira praza para Manuel Verdía (Xtrembike).
 
Campión de Galicia junior foi Alejandro Caamaño (RP3) marcando 2'12.44, seguido de dous corredores do clube Santiago DH, Abel Rial e Iván Costa.
 
Na categorías féminas, Rosa Martínez volve a impoñerse o maillot de campiona galega cun tempo de 2'37.74 e Ainhoa Fontán subcampiona. En sub 23, subirón a podium, Nicolás Larrán (Rias Baixas Bike Team) co mellor tempo desta categoría 2'08.67, seguido de Javier Vega (Padronés) e Eloy Guisande (Casteloxtrem).
 
Na categoría cadetes, medalla de ouro para Anxo Fernández (Bicique) 2'17.82, Alejandro Pérez (As Pontes) medalla de prata e o bronce para Aarón Caballero (Quintena).
 
No podium de master 40, trío de Manueles, campión galego, Manuel Gómez (Bici Verde) cun rexistro de 2'18.36, subcampión, Manuel Muñoz (Vai a Pedal) e terceiro Manuel Boquete (MTB Aloia). Finalmente, o campión senior, Rubén Barreiro (Raposo FR) 2'14.37, Diego Rodríguez (Dos Ruedas) e Abel Sousa (Picaraña).
 
Consultar resto de clasificacións en Calendario Carreiras ou na páxina www.magmasports.es

Texto: Bego Carpinteiro