Rosa Martínez e Antonio Ferreiro campións de España sub-23 Ainhoa Fontán e Jorge Aguín, subcampións de España élite. Antonio Pérez, tercer clasificado Master 30.
A selección galega de descenso conquista Port Ainé cas tres medallas de Rosi, Ainhoa e Toni, un magnífico resultado o que hai que engadir que Toni Ferreiro de novo é campión de España por quinta vez consecutiva e Jorge Aguín que volve a subir a podium esta vez como subcampión de España élite. Cinco medallas para Galicia no Cto de España de descenso
O resto do combinado galego realiza unha moi boa actuación con Manuel Verdía, 5º en Master 30, 6º cadete Anxo Fernández, Alejandro Caamaño, 8º junior, o senior Rubén Barreiro que na manga clasificatoria situabase 3º e na manga final unha caída desplazouno a 10ª posición, 17ª posición para o sub 23, Nicolás Larrán e 19º para Aarón Caballero en cadetes que sufriu caídas nas dúas mangas, impedindo que obtivera un mellor resultado.
Esteban Lorenzo regresa moi satisfeito do traballo realizado por todos os compoñentes da selección galega, que dende o primeiro momento atoparonse moi motivados e con moitas gañas de dalo todo para acadar o triunfo. Destacar tamén a participación de máis "bikers" galegos que se desprazaron ata Port Ainé, na categoría elite, 6ª Javier del Río, Rubén Castro, 9º, 11ª Rubén Villanueva e 18ª José Montenegro, na categoría master 40, Manuel Muñoz, 5º e en master 30, Ignacio Bautista 24º.
Texto: Bego Carpinteiro
|