|
Galicia suma unha medalla máis nos Ctos de España de BTT, Pablo Rodríguez, compoñente da selección galega acada a terceira posición na categoría junior, de esta forma, o corredor de Maceda repite por segundo ano consecutivo subir o podium do Cto de España e gracias a este triunfo, o corredor foi convocado nada máis rematar a carreira para viaxar coa selección española de BTT a Suiza e Italia e participar en dúas probas da Copa do Mundo.
O resto do combinado galego realiza unha meritoria actuación acadando postos que os situan entre os dez primeiros corredores das categorías, no caso de Eva Álvarez que se clasifica 7ª entre as féminas cadetes e Saúl López 8º en juniors. Javier Rodríguez que tivo que repetir carreira o domingo debido a un erro de señalización da carreira do sábado que confundiu a varios corredores da cabeza do pelotón entre os que se atopaba o corredor galego, acada a 13ª posición en cadetes. Na categoría senior, Darío Otero finaliza 6º e o cadete Anxo Lorenzo, acada a posición 36ª.
Texto: Bego Carpinteiro
|