O vindeiro domingo, 15 de maio, terá lugar no monte de Coruxo en Vigo, a primeira proba de Mini BTT 2011, baixo a organización do C.C. Coruxo que ao igual que na pasada edición, continuará mantendo a filosofía de competicións lúdico-deportivas. A proba comezará as 11 horas e o remate da mesma xusto despois da entrega de trofeos, o clube ofrecerá os asistentes baixo carpa pinchos e música en directo, para abrir a tempada con unha gran festa.